Alarma con Arduino
Detalles
- Detalles
- Categoría: Control e robótica
- Creado en Lunes, 07 Mayo 2012 20:41
- Visitas: 150
A partir desta semana empezamos as prácticas de robótica cos alumnos de 4º. Nas nosas prácticas convivirán Arduino e Lego Mindstrom.
Todos sabemos o impresionante que pode resultar para os alumnos Lego fronte a Arduino cando se comenza a traballar con eles. Para compensar esta impresión de desigualdade nada mellor que visualizar un proxecto vistoso de Arduino.
Unha das páxinas de referencia de Arduino en fala hispana é Arduino Academy, nesta páxina podemos acceder a moitos titoriais de proxectos de Arduino para tódolos niveis. Neste caso seleccionamos un proxecto de alarma moi completo. No video de Arduteka móstrase o funcionamento dunha de alarma realizada con Arduino e un módulo 3G/GPRS. A verdade é que resulta un proxecto sinxelo e a vez impresionante.
Maqueta de motor radial II
Detalles
- Detalles
- Categoría: Máquinas e mecanismos
- Creado en Lunes, 05 Marzo 2012 00:12
- Visitas: 742
No primeiro vídeo aparece a maqueta de motor radial correspondente a un proxecto de mecanismos de 3º ESO. Esta construción correspóndese coa maqueta virtual do 2º vídeo, publicada o 1 de maio de 2011. Tamén se reedita a presentación do proxecto publicada o 2 de maio de 2011.
Por si alguén está interesado/a en realizar esta actividade, axúntanse os planos das pezas de contrachapado do proxecto preparadas para ser transferidas ao taboleiro con papel de calco, salvo o plano 4 que, non está a escala real.
O meu vello motor eléctrico
Detalles
- Detalles
- Categoría: Electricidade e electrónica
- Creado en Jueves, 01 Marzo 2012 23:02
- Visitas: 631
Xa levaba tempo querendo dixitalizar este vello proxecto de construcción dun motor eléctrico. Agora xa non creo que ninguén constrúa mótores eléctricos tan complexos na ESO, pero houbo un tempo, antes de que a tecnoloxía sufrira recortes horarios, no que se facían este tipo de proxectos. Ben, o vello motor xa está aquí, levaba tempo reclamando ser dixitalizado e igual alguén se anima e lle da por probar a construír un. Pode que tamén algún dos meus ex-alumnos agradeza, por fin, ter acceso ao proceso de fabricación do motor.
Videoconferencia. Nanotecnología ¿robots dentro de nuestro cuerpo?
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Miércoles, 29 Febrero 2012 20:43
- Visitas: 477
30 alumnos/as do IES A SANGRIÑA, que cursan as materias de tecnoloxía e electrotecnia, participaron nunha videoconferencia, sobre nanotecnoloxía e nanorobótica, impartida pola profesora Eva Martín del Valle do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Salamanca.
Esta actividade enmárcase dentro do programa "Videoconferencias ConCiencia" posto en marcha polo CITA (Centro de Integracional de Tecnologías Avanzadas). Na segunda fase da actividade os alumnos participantes poderán debater ou expoñerlle as súas dúbidas a Eva Martín na zona de debate CITA.
Este é o segundo ano que o IES A SANGRIÑA participa neste innovador programa formativo e de novo queremos expresar o noso agradecemento a responsables da actividade.
No blog do programa faise unha referencia a esta actividade. LIGAZÓN.





