Control e robótica
BEAM-ONE
Detalles
- Detalles
- Creado en Jueves, 07 Junio 2012 22:28
- Visitas: 669
O beam-one é unha versión avanzada do beam-zero. Neste caso o movemento do microrobot conséguese gracias ao xiro de dous motores conectados en paralelo, estes motores impulsan o beam cun movemento de avance intermitente que, como no caso do beam-zero, terá unha maior frecuencia canto maior sexa a intensidade luminosa. O movemento é menos caótico que o do seu irmá menor que se baseaba na vibración provocada polo motor.
Este proxecto está deseñado para converterse nunha práctica de electrónica na aula, orientada a alumnos de 4º ESO ou bacharelato. No momento desta publicación o proxecto está a ser construído por alumnos de electrotecnia de 2º BACH.
Para facilitar a construción do robot os compoñentes móntanse sobre unha placa de circuíto impreso.
Esquema eléctrónico.
Imaxe realista do deseño da placa.
Pistas para circuito impreso.
Circuíto impreso.

Beam-one.
BEAM-ONE en acción.







Comentarios
Anda, a próxima vez dalle mellor co foco
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.