tecnoloxia.com

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Inicio Divulgación A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial no Inforensino

A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial no Inforensino

Correo-e Imprimir
O sábado 13 de setembro as 12 de mañá e a data sinalada para a miña participación como relator no IX INFORENSINO. Teño que agradecer ao profesor Raul Hidalgo, que coñecín no Congreso Nacional de Internet na Aula en Santander, a súa invitación para participar neste interesante evento relacionado co mundo da docencia.

Para os membros do seminario permanente que elaboramos o recursu didáctico "A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial" e unha grande oportunidade de mostrar o noso traballo e de coñecer outros que se poidan estar facendo na mesma liña. Para min en particular, resúltame moi interesante establecer os contactos que se producen neste tipo de congresos con profesores que comparten as mesmas inquietudes polas TIC e o ensino.

INFORENSINO é un congreso no que se fala de ensino e informática que se lecebrará na facultade de Veterinaria de Lugo entre os días 12, 13 e 14 de setembro.

Este evento é unha excelente plataforma, como o foi o Congreso Nacional de Internet na Aula" para mostrar ao resto do profesorado o traballo que se está a desenvolver no IES A Sangriña da Guarda no eido da elaboración de materiais didácticos multimedia e interactivos.
cartel inforensino 2008

(0 Votos)
 

Monografías

Cartel
Cartel

Fotos

www.flickr.com

Licencia