Monografías  

   

videocurso moodle 1.x en youtube

   

Sígueme  

Facebook Linkedin Twiter Youtube

   

Introduce o teu correo:

Delivered by FeedBurner

   

Fotografías

Fotografías

FOTOGRAFIANDO A LÚA

( 0 Votes ) 

Non pretendo crear un manual ou titorial, simplemente contar a miña experiencia de éxito, e digo de éxito porque ao final conseguín o que pretendía, tirar unha foto da lúa que me resultase satisfactoria e que puxese a proba o meu equipo.

Aínda quedan por probar algunhas cousas para intentar mellorar o resultado, por exemplo, o uso dun trípode, o manexo dun disparador remoto, ou aproveitar unha desas superlúas que aparecen de cando en vez, tamén se pode mellorar o equipo, pero iso é máis difícil.

Equipo e regulacións.

A cámara utilizada foi unha Nikon D5100 e un obxectivo zoom VR55-200 F/4-5,6G. A distancia focal foron 200 mm, había que aproveitar o zoom ao máximo, e o enfoque automático a un punto único.

En canto a exposición, fixen varias probas con resultados moi similares, variando a apertura do diafragma e a velocidade, sempre co dial en posición manual (M). En concreto a fotografía que ilustra este post, está feita con un diafragma F/8, unha velocidade de 1/800 s, unha sensibilidade ISO 100 e sen usar trípode.

O tamaño da imaxe é o máis grande que permite a cámara e o formato do arquivo é RAW (.NEF), para poder axustar con posterioridade algúns parámetros no ordenador.

Os axustes posteriores que fixen no ordenador foron, unha compensación da exposición de +0,7 EV e un incremento da nitidez de 1 punto.

Para rematar comentar que a foto foi tirada á 1:38 da madrugada dunha notite moi clara, cando a lúa se atopaba no alto do ceo.

lua de setembro

Fotos da Guarda

( 1 Vote ) 

Rodicio

( 1 Vote ) 
A fotografía corresponde a parte inferior dun muíño, o inferno. Nesta imaxe, gracias a súa nitidez, apreciamos perfectamente o gateira, canle de saída da auga e o rodicio, roda hidráulica de eixe vertical.
Rosal. Muíños do Folón detalle rodicio

Camiño do Facho

( 1 Vote ) 
Estes días ando e experimentar ca tecnica fotográfica chamada HDR (High Dynamic Range) e, entre outras, obtiven esta sinxela pero bonita fotografía dun dos camiños que hai no monte Santa Trega, tratase do camiño que leva ao Facho.
   

Comparte

FacebookMySpaceTwitterDeliciousGoogle BookmarksLinkedinRSS Feed
   
Creative Commons License
Antonio Lomba - www.tecnoloxia.com
© ALLROUNDER