Icosaedro estrellado modelado con 123D Catch
Detalles
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
- Creado en Sábado, 11 Mayo 2013 15:43
- Visitas: 83
"d3mobile.es metrology league" é un campionato de España de modelado 3D de precisión con móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. A competición está organizada pola USC e o grupo de investigación USCAN3D.
O principal obxectivo desta competición e estimular a capacidade investigadora dos estudantes de secundaria, neste caso, traballando coa técnica de fotogrametría básica que permite facer modelos tridimensionais partindo de fotografías.
A aplicación utilizada para realizar o modelado de obxectos a partir de fotografías é o software gratuíto Autodesk 123D Catch que se pode descargar directamente da web.
Un grupo de alumnos de 4º ESO do IES A Sangriña estivo participando nesta competición ao longo do curso. No vídeo que se mostra a continuación pódese ver o resultado dunha das probas realizadas, que consistía na modelización e creación dun vídeo dun obxecto de libre elección.
Motor eléctrico simple
Detalles
- Detalles
- Categoría: Electricidade e electrónica
- Creado en Viernes, 10 Mayo 2013 09:05
- Visitas: 135
No vídeo que se mostra a continuación explícase detalladamente a construción dun motor eléctrico simple. Este motor simple é unha práctica ou miniproxecto de electromagnetismo deseñado para 2º ESO.
Os materiais necesarios para construír este motor son:
- Unha pila de petaca (4,5V)
- Un imán de ferrita, neste caso utilízase un imán rectángular.. Pódese substituír por un imán de neodimio.
- Dúas gomas de caucho
- Dous clips
- Fío de cobre esmaltado para bobinar
O custe máximo do proxecto non supera os 2 € sempre que se teña que comprar todo o material.
Con esta práctica trátase o electromagnetismo e as máquinas eléctricas.
XII Xornadas de Tecnoloxía
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Martes, 07 Mayo 2013 22:32
- Visitas: 109

Máis información
Circuíto neumático A+B+A-B-
Detalles
- Detalles
- Categoría: Neumática e hidráulica
- Creado en Jueves, 18 Abril 2013 22:26
- Visitas: 156
Deseño en FluidSIM dun circuíto neumático que fai a secuencia A+B+A-B- co seu correspondente diagrama espacio tempo.




