X Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
Detalles
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
- Creado en Viernes, 23 Abril 2010 01:01
- Visitas: 2784
PlanetSolar: O maior barco do mundo movido con enerxía solar
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Jueves, 01 Abril 2010 11:58
- Visitas: 2946
Botado en Kiel (Alemania), con 31 m de eslora e 15 de manga, o PlanetSolar conta cunha cuberta que ten unha superficie fotovoltaica de 500 m² con 38000 placas solares. O barco será movido por duas hélices propulsadas por motores eléctricos que funcionarán gracias as 13 toneladas de baterías que estarán conectadas cas placas fotovoltaicas. Para optimizar a enerxía o casco do barco é de tipo catamarán con dous patíns flotador de carbono lixeiro.No desenvolvemento deste proxecto interviñeron enxeñeiros, físicos e constructores navales. A súa primeira travesía será unha volta ao mundo que lle levará 140 días. O barco poderá ser visitado nos portos nos que faga escala ca intención de promover a enerxía solar.
Ciencia ficción?
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Jueves, 25 Febrero 2010 00:31
- Visitas: 3055
Creo que, debido a o gran bombardeo de todo tipo de información que recibimos, nos estamos insensibilizando e perdendo a capacidade de sorprendernos diante de fotografías como esta, O que aparece na imaxe non é un fotograma dun filme logrado con efectos especiais ou con animación por ordenador, é un home de carne e oso, un astronauta de nome Nicholas Patrick, que está vendo por unha ventá da estación espacial internacional ca terra cuberta polas nubes ao fondo. Non me cabe ningunha dúbida que ata fai nada isto era ciencia ficción. A tecnoloxía está sendo determinante para construír o presente e seguro que será aínda máis determinante no futuro.Constrúe a túa cidade sostible
Detalles
- Detalles
- Categoría: Xogos
- Creado en Martes, 23 Febrero 2010 00:56
- Visitas: 3441
Estes días vía tecnotic descubrín a última versión do xogo EnerCities. A verdade e que despois de darlle un vistazo quedei encantado con este xogo, tanto, que ata botei algunhas partidas.
Coincidindo co descubrimento do xogo estaba preparando un exame de enerxías renovables para os de 1º de bacharelato e pensei que podería servir perfectamente como actividade complementaria do tema propoñerlle que xogaran un pouco.
Vía aula virtual do IES A Sangriña fíxenlles a proposta de que aqueles que conseguiran unha puntuación superior a 150 terán dereito a un positivo na avaliación e aquel que consiga máis puntuación do curso terá dereito a dous. Para certificar a puntuación será necesario facer unha captura de pantalla ca puntuación final e enviar o arquivo de imaxe a unha actividade proposta na aula virtual
Comeza o xogo...





