Ciencia ficción?
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Jueves, 25 Febrero 2010 00:31
- Visitas: 3070
Creo que, debido a o gran bombardeo de todo tipo de información que recibimos, nos estamos insensibilizando e perdendo a capacidade de sorprendernos diante de fotografías como esta, O que aparece na imaxe non é un fotograma dun filme logrado con efectos especiais ou con animación por ordenador, é un home de carne e oso, un astronauta de nome Nicholas Patrick, que está vendo por unha ventá da estación espacial internacional ca terra cuberta polas nubes ao fondo. Non me cabe ningunha dúbida que ata fai nada isto era ciencia ficción. A tecnoloxía está sendo determinante para construír o presente e seguro que será aínda máis determinante no futuro.Constrúe a túa cidade sostible
Detalles
- Detalles
- Categoría: Xogos
- Creado en Martes, 23 Febrero 2010 00:56
- Visitas: 3466
Estes días vía tecnotic descubrín a última versión do xogo EnerCities. A verdade e que despois de darlle un vistazo quedei encantado con este xogo, tanto, que ata botei algunhas partidas.
Coincidindo co descubrimento do xogo estaba preparando un exame de enerxías renovables para os de 1º de bacharelato e pensei que podería servir perfectamente como actividade complementaria do tema propoñerlle que xogaran un pouco.
Vía aula virtual do IES A Sangriña fíxenlles a proposta de que aqueles que conseguiran unha puntuación superior a 150 terán dereito a un positivo na avaliación e aquel que consiga máis puntuación do curso terá dereito a dous. Para certificar a puntuación será necesario facer unha captura de pantalla ca puntuación final e enviar o arquivo de imaxe a unha actividade proposta na aula virtual
Comeza o xogo...
Realidade aumentada 2: Animales fantásticos na casa
Detalles
- Detalles
- Categoría: Realidade aumentada
- Creado en Viernes, 05 Febrero 2010 00:02
- Visitas: 3779
Realidade aumentada 1: O diferencial
Detalles
- Detalles
- Categoría: Realidade aumentada
- Creado en Miércoles, 03 Febrero 2010 23:40
- Visitas: 3594





