Arduino con Minibloq. Exemplo 6: Saída analóxica
Detalles
- Detalles
- Categoría: Control e robótica
- Creado en Viernes, 16 Diciembre 2011 00:00
- Visitas: 960
A través dunha saída analóxica polarizamos un LED aumentando e disminuindo progresivamente a intensidade de corrente e por conseguinte a intensidade luminosa do LED. Ampliándo esta montaxe a varios leds podemos facer o efecto do coche fantástico.
ENLACES
Documentación orixinal da práctica
Arduino con Minibloq. Exemplo 5: Lectura de datos dunha LDR
Detalles
- Detalles
- Categoría: Control e robótica
- Creado en Jueves, 15 Diciembre 2011 00:00
- Visitas: 1355
Con esta montaxe conseguimos un sinal de entrada dependente da luz. Leemos o valor da caída de tensión nunha LDR e transferimos ese valor ao PC. Cando incide pouca luz sobre a LDR a resistencia aumenta e provoca unha maior caída de tensión, así o valor analóxico de leído, proporcional a tensión, é pequeno. Observamos que este programa é idéntico ao anterior, aínda que a montaxe para facer variar o sinal antes era con un potenciómetro e agora é con unha LDR. Hai que facer notar que neste caso aparece un tempo de espera de 25ms para que a lectura do sinal no monitor sexa máis lenta.
ENLACES
Arduino con Minibloq. Exemplo 4: Lectura de datos
Detalles
- Detalles
- Categoría: Control e robótica
- Creado en Miércoles, 14 Diciembre 2011 00:00
- Visitas: 1312
Nesta montaxe leemos o valor dun potenciómetro e transferimos ese valor ao ordenador por USB para que apareza no monitor. Neste caso a lectura de datos faise a través da entrada analóxica 0. Para ver a ventá de lectura de datos en Minibloq temos que pulsar o icono Terminal. Para que aparezan as lecturas na venta accionamos o botón Abrir.
ENLACES
Arduino con Minibloq. Exemplo 3: Entrada dixital
Detalles
- Detalles
- Categoría: Control e robótica
- Creado en Martes, 13 Diciembre 2011 00:00
- Visitas: 1326
Trátase de levar o sinal do pin de 5V a través dun pulsador, que accionamos a vontade, ata a entrada dixital 9. Cando o pin 9 recibe o sinal execútase unha determinada función, neste caso facemos parpadear o pin de proba 13.
ENLACES




