Localizatodo.com
Detalles
- Detalles
- Categoría: Aplicacións en liña
- Creado en Martes, 01 Febrero 2011 19:23
- Visitas: 3556
Levo un intre conectado a unha páxina que me acaban de recomendar, chámase localizatodo.com. Estou esperando a que pase por diante do porto da Guarda (Pontevedra) o barco chipriota ELBMARSCH de 127 m de eslora que fai un instante estaba saíndo do porto de Vigo rumbo a Leixoes. Cando vexo na páxina que está a altura do porto da Guarda, asómome pola ventá e...non podo deixar de sorprenderme, o barco está ahí, frente a miña casa. Marabillosa esta aplicación en liña para localizar barcos, avións e outros tipo de dispositivos que teñan GPS. Absolutamente recomendable para curiosos e para as clases de Xeografía.
Sitios distintos: weavesilk.com
Detalles
- Detalles
- Categoría: Sitios distintos
- Creado en Domingo, 30 Enero 2011 12:13
- Visitas: 3319
Para perder o tempo e sentirse un artista.
Emociones y Robots II (o debate)
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Jueves, 13 Enero 2011 16:15
- Visitas: 3409
Segundo o previsto, o día 21 de decembro un grupo de alumnos de bacharelato do IES A SANGRIÑA asistiron a videoconferencia "Emociones y Robots" como deixa constancia a fotografía ao marxe. A verdade é que, como era de esperar, a experiencia resultou moi ben e tivo moi boa aceptación diante do alumnado. A seguinte fase desta actividade é a realización dun debate co poñente que, por causa das vacacións de Nadal, aínda non realizamos. A partir de agora podemos afrontar esta fase de debate co poñente, Eduardo Zalama Casanova, xa que dende a volta de vacacións temos dispoñible unha dirección web para facerlle preguntas. Deixo un enlace para que poidades opinar, debater ou preguntar aquelo que desexedes.
Aínda que non participaras na videoconferencia tes a posibilidade de deixar o teu comentario na zona de debate.
Emociones y Robots
Detalles
- Detalles
- Categoría: Divulgación
- Creado en Domingo, 19 Diciembre 2010 12:19
- Visitas: 3230
Emociones y Robots é o titulo da videoconferencia na que paticiparemos cos alumnos de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico do IES A SANGRIÑA o martes 21 de decembro de 2010. Esta actividade está enmarcada dentro do programa "Videoconferencias Conciencia" posto en marcha polo CITA (Centro de Integracional de Tecnologías Avanzadas).
A videoconferencia será impartida por Eduardo Zalama Casanova Enxeñeiro Industrial e Doctor Enxeñeiro pola Universidade de Valladolid.
A actividade desenvolvémola en tres fases. Primeiro facemos unha introdución preparatoria para coñecer o proxecto "Videoconferencias Conciencia", ao poñente e o tema sobre que trataremos. En segundo lugar asistimos a videoconferencia que consta dunha primeira parte expositiva a que seguirá unha rolda de preguntas. E en terceiro lugar, para rematar, dispoñemos dunha semana para facer un debate co experto.
Queremos mostrar o noso agradecemento a fundación Germán Sánchez Ruipérez, a Fundación DICYT e ao Instituto ECYT da Universidad de Salamanca coa financiación do FECYT, que puxeron o proxecto CITA en marcha e nos permiten participar nel.
Entre a documentación que nos achega o poñente da conferencia están os videos sobre robots que aparecen a continuación:
Robot Akiba: http://www.youtube.com/watch?v=WbFFs4DHWys
Robot Nexi: http://www.youtube.com/watch?v=XrmrU7P-ysA
Robot waseda: http://www.youtube.com/watch?v=BUxQB8YLxbg
Robot Tito: http://www.youtube.com/watch?v=AlkBE8qYn7E




