O batán hidráulico ou de auga

(Quijote a Sancho) quizá estos golpes que no cesan, te deben tener turbado el entendimiento...
...Y eran -si no lo has, ¡oh lector!, por pesadumbre y enojo- seis mazos de batán, que con sus alternativos golpes aquel estruendo formaban.

El Quijote La aventura de los batanes (Cap XX)

Durante o proceso de obtención de panos de la realizábase, en moitos casos, o abatanado das teas. Con esta operación conseguíase eliminar a graxa que se lle engadira á la para facilitar o fiado e ademais compactábase o tecido.

ilustración de batan antigo

Ata a Idade Media pisábanse os panos cos pés, calzando, para iso, uns zocos de madeira. O batán hidráulico, do que se ten constancia que comezou a usarse no século XI, veu a mecanizar o proceso de pisado. Este enxeño funcionaba coa forza da auga, a cal movía unha roda que facía xirar o eixe solidario á mesma, conseguindo así a enerxía necesaria para o afoloado.

Mentres se facía o pisado dos panos botábaselle auga quente e algún tipo de produto deterxente capaz de eliminar a graxa.
Ademais de lle engadir auga quente, os panos tamén se remollaban, sobre todo no verán, coa mesma auga que movía a roda. Para iso, á parte da canle principal, que conducía a auga á roda, había outras canles menores para levala ata a pía, remollándose o pano, e ata os gorrións da árbore para lubricalos.

batan con cuba de auga quente

Os folóns construíanse integramente con madeira. Tiñan dous pórticos que nacían en cadansúa riosta. Na parte superior, unhas trabes unían os pórticos e soportaban os mazos. Para garantir a estabilidade estrutural reforzábanse os pórticos con escuadras ou cunha travesa oblicua. Así conseguíase unha estrutura con mallas triangulares. Á súa vez o batán hidráulico tiña que ir sobre unha plataforma de pedra debidamente suxeito para que non se movese co continuo petar dos mazos

articulación do batán

Os mazos tiñan un movemento pendular. O punto de articulación atopábase na parte superior. O movemento dábanllelo os malogreiros actuando nos tacos que sobresaían pola parte inferior dos mazos.

Na posición de repouso os martelos quedaban inclinados cara a atrás. De tal maneira que, ao levantalos, a forza da gravidade sempre aseguraba a súa caída sobre o pano con certa forza. A enerxía que descargaba non tiña que ser moi grande En calquera caso, dependía da lonxitude do mango, do percorrido do mazo, da posición de repouso e do peso. Que andaba por volta dos 70 ou 80 quilogramos.
Os mazos dos batáns movíanse lentamente. Un batán hidráulico de dous mazos daba entre 40 e 60 golpes por minuto. Isto implicaba entre 20 e 30 voltas da roda no mesmo tempo

mallo de batán

As rodas usadas nos mazos tiñan un diámetro de sobre dos 2 metros, cun ancho de 20 centímetros, e o número de pelas estaba entre 16 e 24. A árbore tiña un diámetro aproximado de 40 centímetros e unha lonxitude de 3,5 metros. Na árbore estaban incrustados os malogreiros, unhas levas duns 20 centímetros, formando o que se coñece como cruz.

batan de Aniezo
batan manual de mazos verticais
batan de papel de múltiples brazos

Os batáns máis comúns dos que se teñen noticia eran os de dous mazos. Estaban dispostos nunha estrutura vertical, que traballaban de maneira alternativa pola disposición dos malogreiros, xirados 90 graos. Sen embargo, existen moitas formas construtivas diferentes e algúns folóns constituídos por mais de dous mazos. O motivos da existencia de tantos modelos de batáns diferentes é que se trataba dunha máquina moi sinxela. Os motivos da existencia de tantos modelos de batáns diferentes é que se trataba dunha máquina moi sinxela. Asemade, estaba moi estendida ao realizar un traballo moi común: o afoloado da la.

Ademais de para o pisado das teas tamén se empregaban batáns para outros traballos como por exemplo a fabricación de papel.

Incre e pasador
Mallo
Gorrión e chumaceira
Batán
Malogreiros
Roda

1.-INCRES. Travesas que van na parte superior das que colgan e nas cales se articulan as pernas que sosteñen os mallos.

2.-PASADORES. Pezas de madeira resistentes ao desgaste que van unidas ás pernas apoiándose sobre os incres para realizar a articulación dos conxuntos móbiles.

5.-PÍA. Recipiente onde se mete a tea para mazala cos mallos.

6.-MALLOS. Son os mazos que petan na tea.

9.-TACOS. Son as pezas que sobresaen pola parte inferior dos mallos, onde golpean as cruces no seu xiro para conseguir o movemento oscilatorio.

10.-GORRIÓNS. Pezas cilíndricas metálicas cravadas nos extremos da árbore que, debidamente lubricadas con auga, permiten o xiro.

12.-ZUNCHOS. Aneis metálicos que, situados nas zonas críticas, reforzan a árbore abrazándoa e facendo presión para evitar que esta rache.

13.-ÁRBORE. Peza cilíndrica sobre a que vai armada a roda hidráulica da cal recibe o movemento e as cruces que transmiten este movemento aos mallos.

14.-BASE. Asento construído de pedras sobre o que se apoia o batán.

15.-MALOGREIROS. Resaltes da árbore, chamados tamén cruces, que traballan como levas provocando, ao xiraren, o movemento oscilatorio intermitente dos mallos.

17.-RODA. Peza de madeira con pelas que transforma a enerxía da auga en movemento xiratorio.

19.-PERNAS. Mangos dos que colgan os mallos.

TECNOLOXÍA - BATÁN

Scroll ao inicio