tecnoloxia.com

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Tecnoloxía. Recursos educativos

Realidade aumentada 2: Animales fantásticos na casa

Continuando cas experiencias ca realidade aumentada, recóllese neste filme a visita duns animaliños que viaxaron dende o mundo virtual ata o meu estudio. Alí estiveron, como se pode ver na película, divertíndose e divertíndonos. Se queres recibir ti tamén a visita destes simpáticos personaxes tes as instrucións para contactar con eles na páxina francesa: http://www.lesanimauxdufutur.com/ ¡que te divirtas!

(1 Voto)
 

Realidade aumentada 1: O diferencial

Estes días ando experimentando ca Realidade Aumentada, achego aquí unha mostra realizada capturando a pantalla do meu ordenador na que aparece unha imaxe en 3d dun diferencial sobre a mesa do meu escritorio. No transcurso do vídeo comento en qué consiste a realidade aumentada e que necesitamos para desenvolver unha aplicación deste tipo. Por se alguén tivera curiosidade deixo un ENLACE para descargar o programa BUILDAR e a documentación necesaria xunto cas instruccións para desenvolver un exemplo de realidade aumentada.
 

(3 Votos)
 

O carro galego I

o carro galegoDende fai algún tempo teño a páxina algo abandonada, xusto o mesmo tempo que levo traballando nun novo e interesante proxecto con algúns compañeiros do instituto. Temos constituído un seminario permanente para o estudio do carro galego. Estiven elaborando un debuxo do carro en 3D aquí mostro un adianto do resultado.
Como nunca se sabe onde pode aparecer un colaborador deixo aquí un enlace a un cuestionario que estamos a distribuir para recabar información. Se che apetece colaborar podes enviar o cuestionario á dirección de correo: lomba arroba tecnoloxia.com
Ficha cuestionario sobre sobre o carro galego
 

(2 Votos)
 

O arco nunca dorme

Neste filme explícase o arco como elemento constructivo, faise un percorrido polas aplicacións deste elemento na construcción das grandes catedrais. Lembro que despois de velo por primeira vez lin "Los pilares de la tierra" e axudoume a disfrutar moito máis do libro.

(1 Voto)
 

O sol a terra e o home

De novo, vía http://observatorio.info, podemos ser testigos dunha perspectiva da estación espacial internacional con vistas a terra e ao sol tan sorprendente que parece mentira.

(2 Votos)
 


Páxina 1 de 19

¿QUEN ESTÁ EN LIÑA?

Temos 2 convidados en liña

Monografías

Cartel
Cartel

Fotos

www.flickr.com

Licencia