Tronou ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oiu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes,
naz a auga a golforón
Regan os prados a cachón

Uxío Novoneyra, Os Eidos

EVAPORACION

ciclo da auga evaporación

Este proceso permite que a auga pase á atmosfera, o cal ten unha grande importancia no balance enerxético e de calor entre a superficie e a atmosfera debido a elevada calor de vaporización da auga. Este mecanismo é esencial para a dinámica da atmosfera e hidrosfera.

PRECIPITACIÓN

Ciclo da auga precipitacion

As precipitacións tanto líquidas como sólidas prodúcense como consecuencia dun arrefriamento dunha masa de aire cargada de humidade, que durante o seu ascenso supera o punto de rosada

Ciclo da auga precipitacióna anuais medias en Galicia

ESCORRENTÍA SUPERFICIAL

ciclo da auga escorrentía superficial

A escorrentía superficial é a auga que circula por la superficie terrestre e se acumula cando a precipitación supera a capacidade de infiltración, o cal depende das características do terreo , según sea máis o menos permeable e da existencia de cobertera vexetal.

As augas de arroiada se canalizan formando torrentes, rios, lagos, etc.. A súa acción xeomorfolóxica sobre o modelado do relevo é esencial, tanto como axente de erosión mecánica e química así como de transporte de sedimentos.

Xunto ca auga procedente dos acuíferos constitúe a principal fonte da auga para usos domésticos, agricolas e industriais. Có vento, as augas de escorrentía superficial representaron a primeira forza motriz que utilizou o home para as súas máquinas, muiños, mazos, serras, etc. Esta auga representa una mínima parte del total terreste.

DISTRIBUCIÓN DE AUGA NA NATUREZA

OcéanosGlaciaisAuga subterráneaRíos e lagosAtmosfera
%97,22,20,60,020,001

INFILTRACIÓN

A infiltración é o proceso asociado ao ciclo da auga polo cal a auga da choiva ou a neve derretida penetra no solo para introducirse nas capas subterráneas da terra. Esta fase do ciclo permite recargar os acuíferos e manter o fluxo de auga subterránea a vez que evita as erosións e enchentes que a escorrentía superficial poida provocar. A eficacia da infiltración depende da permeabilidade do terreo, da vexetación e da intensidade da precipitación

Como se pode ver na táboa do no apartado anterior a infiltración é moi importante dado que é a responsable das augas subterráneas e a porcentaxe destas na natureza é moi superior á dos ríos e lagos.

ciclo da auga infiltracion

ESCORRA SUBTERRÁNEA

Ciclo da auga escorra subterránea

Unha parte das precipitacións infíltrase no terreo e a auga circula polo interior formando a denominada escorra subterránea. Esta auga ao se acumular dá lugar aos acuíferos, cuxa importancia é esencial como reserva da auga doce. Tamén a auga cando circula polos terreos karsticos dá lugar, por disolución, a grutas, simas, estalactitas etc…

EVAPOTRANSPIRACIÓN

Debido a este proceso a auga pasa da biosfera á atmosfera. Ten unha importancia decisiva a existencia de grandes áreas vexetais na distribución climática terrestre. A deforestación implica o cambio climático das áreas arrasadas. Este efecto ten lugar a escala terrestre de referírmonos á desaparición das grandes selvas, como a Amazonía.

ciclo da auga evapotranspiración
ciclo da auga selvas no mundo
Grandes selvas do planeta
ciclo da auga_evapotranspiración masa de árbores

CIENCIA - CICLO DA AUGA

Scroll ao inicio