Tronou ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caiu
sólo foi pra quen a oiu.
Ameteu o río ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes,
naz a auga a golforón
Regan os prados a cachón
Uxío Novoneyra, Os Eidos
EVAPORACION

Este proceso permite que a auga pase á atmosfera, o cal ten unha grande importancia no balance enerxético e de calor entre a superficie e a atmosfera debido a elevada calor de vaporización da auga. Este mecanismo é esencial para a dinámica da atmosfera e hidrosfera.
Costa atlántica
Vista do Trega dende Portugal
Néboa no porto da Guarda
PRECIPITACIÓN

As precipitacións tanto líquidas como sólidas prodúcense como consecuencia dun arrefriamento dunha masa de aire cargada de humidade, que durante o seu ascenso supera o punto de rosada

Choiva no atlántico
Nevada nas cerdeiras
ESCORRENTÍA SUPERFICIAL

A escorrentía superficial é a auga que circula por la superficie terrestre e se acumula cando a precipitación supera a capacidade de infiltración, o cal depende das características do terreo , según sea máis o menos permeable e da existencia de cobertera vexetal.
As augas de arroiada se canalizan formando torrentes, rios, lagos, etc.. A súa acción xeomorfolóxica sobre o modelado do relevo é esencial, tanto como axente de erosión mecánica e química así como de transporte de sedimentos.
Xunto ca auga procedente dos acuíferos constitúe a principal fonte da auga para usos domésticos, agricolas e industriais. Có vento, as augas de escorrentía superficial representaron a primeira forza motriz que utilizou o home para as súas máquinas, muiños, mazos, serras, etc. Esta auga representa una mínima parte del total terreste.
DISTRIBUCIÓN DE AUGA NA NATUREZA
| Océanos | Glaciais | Auga subterránea | Ríos e lagos | Atmosfera | |
| % | 97,2 | 2,2 | 0,6 | 0,02 | 0,001 |
INFILTRACIÓN
A infiltración é o proceso asociado ao ciclo da auga polo cal a auga da choiva ou a neve derretida penetra no solo para introducirse nas capas subterráneas da terra. Esta fase do ciclo permite recargar os acuíferos e manter o fluxo de auga subterránea a vez que evita as erosións e enchentes que a escorrentía superficial poida provocar. A eficacia da infiltración depende da permeabilidade do terreo, da vexetación e da intensidade da precipitación
Como se pode ver na táboa do no apartado anterior a infiltración é moi importante dado que é a responsable das augas subterráneas e a porcentaxe destas na natureza é moi superior á dos ríos e lagos.

ESCORRA SUBTERRÁNEA

Unha parte das precipitacións infíltrase no terreo e a auga circula polo interior formando a denominada escorra subterránea. Esta auga ao se acumular dá lugar aos acuíferos, cuxa importancia é esencial como reserva da auga doce. Tamén a auga cando circula polos terreos karsticos dá lugar, por disolución, a grutas, simas, estalactitas etc…
Columna
Tapiz estalactítico
EVAPOTRANSPIRACIÓN
Debido a este proceso a auga pasa da biosfera á atmosfera. Ten unha importancia decisiva a existencia de grandes áreas vexetais na distribución climática terrestre. A deforestación implica o cambio climático das áreas arrasadas. Este efecto ten lugar a escala terrestre de referírmonos á desaparición das grandes selvas, como a Amazonía.













